Lingua saami de Ume

Lingua urálica

A lingua saami de Ume (Ubmejensámien giella) é unha lingua urálica falada por 20 persoas en Suecia, e antigamente en Noruega. Trátase dunha lingua moribunda en grave risco de desaparición que pertence á familia de linguas saamis. Adoitaba falarse ao longo do río Ume ao sur do actual concello de Arjeplog, en Sorsele e Arvidsjaur.[2]

Lingua saami de Ume
Ubmejensámien giella
Falado en: Noruega e Suecia
Rexións: Laponia
Total de falantes: 20 (2000)[1]
Familia: Linguas urálicas
 Linguas saamis
  Linguas saamis occidentais
   Lingua saami de Ume
Escrita: Latino
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: sju
A lingua saami de Ume é a número 2.

NotasEditar

  1. Informe do Ethnologue para o saami de Ume
  2. Pekka Sammallahti, The Saami languages: an introduction, Kárášjohka, 1998