Lingua nottoway

lingua morta da familia iroquesa

A lingua nottoway, tamén chamada cheroenhaka, é unha lingua morta que pertence á familia iroquesa e que foi falada outrora polo pobo nottoway. O nottoway está estreitamente relacionado coa lingua tuscarora. As dúas tribos nottoway están recoñecidas polo estado de Virxinia: a Tribo India Nottoway de Virxinia e a Tribo India Cheroenhaka (Nottoway). Outros descendentes de nottoway viven en Wisconsin e o Canadá, onde algúns dos seus devanceiros ​​fuxiron no século XVIII. A última falante coñecida, Edith Turner, morreu en 1838. O pobo nottoway está a traballar para a recuperación da lingua.[2]

Nottoway
Pronuncia:/ˈnɒtəˌweɪ/
Outros nomes:Cheroenhaka
Falado en: Estados Unidos de América
Rexións: Virxinia
Extinción: 1838
Familia: Americana
 Iroqués
  Iroqués do norte
   Tuscarora-nottoway
    Nottoway
Escrita: Alfabeto latino
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: ntw
Mapa
Status

O nottoway está clasificado como extinto polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

O coñecemento do nottoway procede principalmente dunha lista de palabras recollida o 4 de marzo de 1820. A carta manuscrita do daquela expresidente Thomas Jefferson a Peter S. Du Ponceau, o 7 de xullo de 1820, afirma que un vocabulario indio nottoway foi obtido o 4 de marzo de 1820 de Edith Turner, denominada como a súa "Raíña", por John Wood, un antigo profesor de Matemáticas no College of William and Mary.[3] Du Ponceau recoñeceu inmediatamente a lingua como iroquesa, e escribiu que estaba "asombrado e impresionado pola súa decidida fisionomía iroquesa".[4] Blair A. Rudes (1981) concluíu que o nottoway é unha lingua distinta da tuscarora, mais é a máis próxima ao tuscarora dentro do grupo iroqués.[5]

Ademais do vocabulario recollido por John Wood, James Trezvant recompilou algunhas palabras adicionais.[6]

  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  2. "Nottoway-Meherrin". Ethnologue. 2023. Consultado o 18 de xaneiro de 2013. 
  3. "Thomas Jefferson to Peter S. Du Ponceau, 7 de xullo de 1820". Arquivado dende o orixinal o 29 de decembro de 2012. Consultado o 17 de xuño de 2024. 
  4. Peter S. DuPonceau to Thomas Jefferson, 12 de xullo de 1820 Arquivado 17 de xuño de 2024 en Wayback Machine., The Thomas Jefferson Papers, Series 1, The Library of Congress.
  5. Rudes, Blair (1981). "A Sketch of the Nottoway Language from a Historical-Comparative Perspective". International Journal of American Linguistics 47: 27–49. doi:10.1086/465672. 
  6. Encyclopedia Virginia