Lingua náhuatl de Guerrero
A lingua náhuatl de Guerrero é unha variedade da lingua náhuatl falada no estado de Guerrero en México por unhas 125.000 persoas do pobo náhuatl. Tamén é coñecida como azteca de Guerrero. Fálase en varios concellos do Río Balsas incluíndo Tepecoacuilco de Trujano, Huitzuco de los Figueroa, Atenango del Río, Copalillo, Mártir de Cuilapan, Zitlala, Tixtla de Guerrero, Mochitlán, Quechultenango, Chilapa de Álvarez, Ahuacuotzingo, Olinalá, Atlixtac, Zapotitlan Tablas, Ayutla de los Libres, Cualác, Huamuxtitlán, Xochihuehuetlán, Tlapa de Comonfort, Alpoyeca, Xalpatláhuac e Alcozauca de Guerrero. Escríbese en alfabeto latino. Existen materiais de vídeo para o ensino da lingua, ademais dun dicionario nesta lingua. É unha lingua coa estrutura suxeito-verbo-obxecto. As palabras tenden a ser longas con afixos e clíticos.
Náhuatl de Guerrero Nawatlajtoli | ||
---|---|---|
Falado en: | México | |
Rexións: | Guerrero | |
Total de falantes: | 125.000 (censo de 2000) | |
Familia: | Uto-azteca Nahua Náhuatl Central Náhuatl nuclear Náhuatl de Guerrero | |
Escrita: | Alfabeto latino | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | ngu
| |
Mapa | ||
Status | ||
Fonoloxía editar
O náhuatl de Guerreiro non é tonal. Un 'l' longo pronúnciase 'j'l (hl) na variedade de Guerrero, polo que a palabra para 'casa', que é 'calli' noutras variedades do náhuatl, pronúnciase 'calli' ou 'káhli' en Guerrero.[2]
Notas editar
- ↑ Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.
- ↑ "Dictionary of Nahuatl terms, including the story of the flower Cuetlaxochitl (poinsetta).". Arquivado dende o orixinal o 2013-10-16. Consultado o 2013-05-24.
Véxase tamén editar
Vexa a proba da Wikipedia en Lingua náhuatl de Guerrero |
Bibliografía editar
- Bartholomew, Doris A.; David Mason (1980). "The registration of transitivity in the Guerrero Aztec verb". International Journal of American Linguistics 46 (3): 197–204. doi:10.1086/465654. Consultado o 2013-05-24.
- Mason, David (2011). "Vocabulario comparativo del náhuatl: Guerrero Nahuatl, Tlamacazapa Nahuatl. Computer printout of vocabulary items in two dialects of Náhuatl with translation in Spanish, introductory materials and grammatical notes.".