Lingua kadazan

lingua de Malaisia

O kadazan ou kadazan costeiro[1] (kadazan tangaa') é unha lingua falada polo pobo kadazan, que vive na costa oeste de Sabah, especialmente nos distritos de Penampang, Papar e Beaufort. É considerado unha variedade da lingua dusun.

Kadazan
Kadazan Tangaa'
Falado en: Malaisia
Rexións: Sabah
Total de falantes: 220 000 (2018)
Familia: Austronesia
 Malaio-polinesia
  Norte de Borneo
   Sabahana
    Dusúnica
     Dusun
      Kadazan
Escrita: Alfabeto latino
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: dtp
Mapa
Status

O uso da lingua declinou por mor do incentivo do Goberno malaisio da lingua malaia, e polo inglés dos misioneiros británicos. O estado de Sabah desenvolveu políticas para evitar ese declinio, o cal xa acontecera con outras linguas sabahanas. Iso incluíu o uso do kadazan e outras linguas indíxenas en escolas públicas. Tamén se están a facer esforzos para que a lingua sexa considerada oficial en Sabah.

  1. "Kadazan, Coastal". Ethnologue. Consultado o 22 de marzo de 2007. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Tangit, Trixie M. (2005). "Planning Kadazandusun (Sabah, Malaysia): labels, identity, and language". Universidade de Hawai en Manoa. hdl:10125/11691.