Abrir o menú principal

A lingua kabiye é unha lingua níxer-congo falada principalmente no norte de Togo. Ó longo do século XX, produciuse unha gran migración ó centro e ó sur de Togo e tamén a Ghana e Benín. Segundo a oficina de estatística de Lomé, os falantes de kabiye representaban o 23% da poboación de Togo en 1999.[1]

Kabiye
Kabɩyɛ kʊnʊŋ
Falado en: Ghana, Togo e Benín
Total de falantes: 1 millón (2012)
Familia: Níxer-congo
 Atlántico-congolesa
  Gur
   Meridional
    Gurunsi
     Oriental
      Kabiye
Escrita: Alfabeto latino
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: kbp

O kabiye é unha das dúas linguas nacionais de Togo (xunto co ewe). No contexto togolés, "lingua nacional" implica que a lingua é promocionada nos medios de comunicación nacionais e na educación.[2]

NotasEditar

  1. Lébikaza, Kézié Koyenzi (1999). Grammaire kabiyè: une analyse systématique - phonologie, tonologie et morphosyntaxe, p.33. Cologne: Rüdiger Köppe.
  2. Roberts, David (2011). The development of written Kabiye and its status as one of the "national" languages of Togo. In ed. Ochieng Orwenjo & Obiero Ogone, Language and politics In Africa: Contemporary issues and critical perspectives, 468-494. Newcastle-on-Tyne: Cambridge Scholars Publishing.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar