Lingua cayuga

lingua da familia iroquesa

A lingua cayuga (cuxo autoglotónimo é gayogo̱hó꞉nǫˀ) é unha lingua da familia iroquesa falada polo pobo cayuga. Pertence ao subgrupo iroqués do norte das linguas das "Cinco Nacións" e fálase na Reserva das Seis Nacións, Ontario, por unhas 240 persoas, e na reserva de Cattaraugus, no estado de Nova York, por menos de 10 persoas.

Cayuga
Gayogo̱hó꞉nǫˀ
Falado en: Estados Unidos de América e o Canadá
Rexións: Ontario e Estado de Nova York
Total de falantes: <55 no Canadá (censo de 2016)[1]
Familia: Americana
 Iroqués
  Iroqués do norte
   Iroqués dos lagos
    Cinco nacións
     Cayuga
Escrita: latino
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: cay
Mapa
Status

O cayuga está clasificado como en perigo crítico polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[2]

A lingua cayuga atópase en perigo crítico de desaparecer, xa que só 115 persoas do pobo cayuga tiñan esta lingua como lingua nai segundo o censo canadense de 2021. O pobo cayuga está a traballar na súa revitalización lingüística.[3] Como exemplo disto, o Six Nations Polytechnic desenvolveu aplicacións en iOS e programas de estudo en cayuga, oneida, mohawk e outras.

  1. "Language Highlight Tables, 2016 Census - Aboriginal mother tongue, Aboriginal language spoken most often at home and Other Aboriginal language(s) spoken regularly at home for the population excluding institutional residents of Canada, provinces and territories, 2016 Census – 100% Data". www12.statcan.gc.ca (en inglés). Government of Canada. 2 de agosto de 2017. Consultado o 2017-11-23. 
  2. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  3. Abler, Thomas S. (2024-01-23). "Cayuga". The Canadian Encyclopedia. Consultado o 2024-03-22. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar