Lingua calmuca

lingua mongol

A lingua calmuca[2] (Хальмг Өөрдин келн, Halmg Őrdin cheln), é unha lingua mongólica falada polo pobo calmuco da República dos Calmucos, unha república federal de Rusia. En Rusia, é a forma normativa da lingua oirat (baseada na forma torgut). O pobo calmuco do noroeste do Mar Caspio descende dos oiratos de Eurasia, que estaban asentados historicamente en Mongolia e no noroeste da República Popular da China. Segundo a UNESCO, a lingua está "definitivamente en perigo".[3] Segundo o censo ruso de 2010, hai 80 500 falantes dunha poboación étnica de 183 000 persoas.[4]

Calmuco
Хальмг келн
Halmg cheln
Falado en: Rusia, Casaquistán e a República Popular da China
Rexións: República dos Calmucos
Total de falantes: 80 500 (2010)
Familia: Altaica
 Mongólico
  Mongólico central
   Oirat
    Torgut e Dorbet
     Calmuco
Escrita: Cirílico, latino e Todo bitchig
Estatuto oficial
Lingua oficial de: República dos Calmucos
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: xal
ISO 639-3: xal
Mapa
Status

O calmuco está clasificado como definitivamente en perigo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

Notas editar

  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  2. "Entrada calmuco en Digalego". Arquivado dende o orixinal o 27 de febreiro de 2017. Consultado o 27 de febreiro de 2017. 
  3. UNESCO Atlas of the World's languages in danger Consultado o 31 de outubro de 2012
  4. O calmuco en Ethnologue

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar