O abua é unha lingua do grupo atlántico das linguas níxer-congo falada en Nixeria.

Abua
Falado en: Nixeria
Rexións: Rivers
Total de falantes: 25.000 (1989)
Familia:
 Níxer-congo
  Atlántico-congo
   Benue-congo
    Cross River
     Delta central
      Abua–odual
       Abua
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: abn

Distribución xeográficaEditar

Fálase nas áreas locais de Degema e Ahoada, en Rivers State, hai unha pequena pero moi próspera comunidade inmigrada en Estados Unidos.

DialectosEditar

O abua distingue catro dialectos: Ogbo, Emughan, Otabha e Okpeden

EscritaEditar

A produción escrita en abua é escasa, a maior parte son traducións de obras de tipo relixioso e materiais publicados por lingüistas. Os primeiros materiais son de 1971, Aselemi adibel adinya itugha onu Abuan e Opuru adiri ogbia obra de Ian Gardner e Idumesaro respectivamente, en 1978 traduciuse o Novo Testamento, en 1980 Ian Gardner publica un dicionario abau-inglés.

HistoriaEditar

Por volta do século XIII o pobo abua emigrou dende as súas aldeas, situadas no actual Camerún, xunto aos efik e aos ibibios, ao territorio que ocupa actualmente.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar