O abrón é unha lingua kwa, pertencente ao grupo akan falada en Ghana.

Abron
Falado en: Ghana
Total de falantes: 1,2 millóns (1993-2003)
Familia:
 Níxer-congo
  Atlántico-congo
   Kwa
    Potou-tano
     Tano
      Tano central
       Akan
        Abron
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: abr
Mapa
Status

Distribución xeográfica editar

No suroeste de Ghana concéntrase case o 80% dos falantes de abrón, o 20% restante vive na rexión de Costa do Marfil fronteiriza con Ghana.

Escrita e usos sociais editar

En 1962 tradúcese a Biblia e dende 1975 apareceron diversas obras didácticas para a aprendizaxe do abrón. En 1999 creouse a organización Sannbefa, coa pretensión de promover as linguas tradicionais de Costa do Marfil, especialmente o abrón, puxo en marcha catro centros de alfabetización para adultos en abrón e publicou diversos manuais didácticos e culturais en abrón (Guide d'orthographe abron (1999), Je veux apprendre la langue abron (2000) para facer fronte á perda lingüística en favor do francés nas vilas abrón de Costa do Marfil.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar