Linea nigra (Latín para "liña negra") é unha liña vertical de cor escura que aparece no abdome durante cerca de tres cuartos de todas os embarazos.[1] A parte escurecida ten xeralmente cerca dun centímetro de largura. A liña corre verticalmente ao longo do medio do abdome, desde a pube até ao embigo ou até ao cume do abdome. Esta liña fórmase debido ao aumento da hormona estimulante dos melanocitos, producida pola placenta e que tamén provoca melasma e o escurecemento das mamilas.[2]

Linea nigra nunha muller embarazada

Notas editar

  1. Estève E, Saudeau L, Pierre F, Barruet K, Vaillant L, Lorette G (1994). "Physiological cutaneous signs in normal pregnancy: a study of 60 pregnant women". Ann Dermatol Venereol 121 (3). pp. 227–231. PMID 7832550. 
  2. Heffner, Linda (2010). The Reproductive System at a Glance. Wiley-Blackwell. pp. 51. ISBN 978-1-4051-9452-5.