Lindano

composto químico

O lindano (nome químico: 1,2,3,4,5,6-hexaclorociclohexano)[1] tamén coñecido como gama-hexachlorociclohexano, (γ-HCH), Gamexane, Gammaxene, Gammallin,[2] é un haloxenuro de alquilo con fórmula molecular C6H6Cl6. Tamén se coñece comercialmente co nome de lindane. Foi empregado como praguicida no pasado pero é unha substancia prohibida desde 2008 na Unión Europea.[3]

Lindano
Representación dunha molécula de lindano.
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.

Entre 1947 e 1964 a empresa Zeltia fabricou lindano no polígono de Torneiros no Porriño e desta actividade máis de 1.000 toneladas de residuos tóxicos foron vertidos na zona e noutros puntos.[4]

Notas editar

  1. The Pesticide manual : a world compendium, Hampshire, BCPC, 2009 15th ed
  2. Brandenberger, Hans; Maes, Robert A. A. (1997). Analytical toxicology: for clinical, forensic, and pharmaceutical chemists. Berlin: Walter de Gruyter. p. 243. ISBN 978-3-11-010731-9. Consultado o 10 de maio de 2009. 
  3. Natalia Funes Casalvázquez, Santiago Martín Barajas, Samuel Martín-Sosa, Mariano Polanco, Javier Vázquez Velasco, Erika González Briz (Maio de 2017). Ecoloxistas en acción, ed. "Crónica dun envenenamento persistente e silencioso" (PDF). p. 4. Consultado o 21 de novembro de 2017. 
  4. Praza Pública (ed.). "As concentracións de lindano nalgúns lugares do Porriño multiplican por dez o máximo permitido". Consultado o 21 de novembro de 2017. 

 
 Este artigo sobre química é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.