Linda Guilala

Linda Guilala é unha banda galega de shoegaze procedente de Vigo. O grupo formouse no ano 2005 e no presente está composto por Iván González (batería), Eva M. López (teclados e voz) e Mari Vázquez (guitarra). Ata a data Linda Guilala leva publicados dous álbums de estudio e dous EPs.

Linda Guilala
Linda Guilala.jpg
A banda en Bueu en 2014
OrixeVigo, Galicia Galicia
Período2005-presente
Xénero(s)indie rock, noise pop, shoegaze
Selo(s) discográfico(s)Elefant Records
MembrosIván González
Eva M. López
Mari Vázquez
Antigos membrosAlba
Bruno Mosquera
Óscar Vilariño
Páxina webBandcamp

HistoriaEditar

Linda Guilala naceu no ano 2005 tras a separación da banda de Ponferrada Juniper Moon, na que tocaban o leonés Iván González (batería) e a ourensana Eva M. López (teclados). No ano 2006 publicaron a súa primeira maqueta coa axuda do baixista arxentino Ignacio Espumado, con quen comparten os arquivos a través de internet.[1] Este traballo foi escollido segunda mellor maqueta do ano no programa de Radio 3 Disco Grande.[2]

O seu primeiro álbum, Bucles infinitos, chegou en 2009 editado a través de Elefant Records. O disco foi gravado no seu estudio de Vigo coa axuda de Alejandro Davila e Pancho Suárez de Lis.[1] Na súa xira de presentación tocaron no festival inglés Indietracks e no Primavera Sound de Barcelona.[2] Nesa época actuaban como duo, encargándose Eva dos teclados e Iván da guitarra, acompañados de sons pregravados.[3]

En 2011 lanzaron o EP de catro temas Paranormal, tamén a través de Elefant. O traballo foi gravado no seu estudio de Vigo, Kaiju Studios. Nesa época entrou na banda Alba para as súas actuacións ao vivo, tocando o baixo e a guitarra.[1]

Durante un tempo a banda, principalmente Eva,[3] dedicouse a producir no seu estudio a grupos como Axolotes Mexicanos, When Nalda Became Punk e Los Bonsáis, ademais de tocar con Apenino. En 2014 publicaron un novo EP de seis cancións, Xeristar (Elefant), co apoio de Bruno Mosquera (The Blows, The Cobras) nas guitarras.[1] Mosquera deixou a banda debido a diferenzas sobre a forma de levar o proxecto.[3]

O seu segundo álbum, Psiconáutica, apareceu o 10 de xuño 2016 da man de Elefant Records.[4] Para os seus directos Linda Guilala fichou ao guitarrista Óscar Vilariño (Triángulo de Amor Bizarro, Musel, A Veces Ciclón), pero a banda precisaba un membro con dispoñibilidade para realizar xiras e pouco despois foi substituído pola pontevedresa Mari Vázquez.[1][3]

DiscografíaEditar

Álbum Ano Selo Notas
Bucles infinitos 2009 Elefant Records
Paranormal 2011 Elefant Records EP
Xeristar 2014 Elefant Records EP
Psiconáutica 2016 Elefant Records

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "Linda Guilala". La Fonoteca. Consultado o 21 de outubro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 "Acerca de Linda Guilala". Facebook. Consultado o 21 de outubro de 2018. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Leyenda, Alberto. "Linda Guilala: “Preferimos pertenecer a una escena global que empeñarnos en gustar en España”". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2019-12-31. 
  4. "La psicodelia impresionista de Linda Guilala en ‘Cosas nuevas’". Jenesaispop. Consultado o 21 de outubro de 2018.