Lillian Sanderson

cantante e profesora estadounidense

Lillian Kemper, máis coñecida co sobrenome artístico de Lillian Sanderson, nada en Herman o 13 de xaneiro de 1866 e finada en Dresden o 9 de abril de 1947, foi unha cantante e profesora estadounidense que fixo carreira en Alemaña.

Modelo:BiografíaLillian Sanderson

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(de) Lillian Kemper Editar o valor en Wikidata
13 de xaneiro de 1866 Editar o valor en Wikidata
Herman, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte9 de abril de 1947 Editar o valor en Wikidata (81 anos)
Dresden, Alemaña Editar o valor en Wikidata
EducaciónConservatorio Hoch Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante, vocalista Editar o valor en Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeRichard Müller Editar o valor en Wikidata
FillosAdrian Lukas Müller Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteBerühmte Sängerinnen der Vergangenheit und Gegenwart (en) Traducir, (p.176-177) >>>:Lillan Sanderson Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Naceu na vila de Herman (condado de Dogde, en Wisconsin)[1], e foi a bisneta por parte de nai do fundador da localidade, de orixe alemá e procedente de Hamelin. En 1880 marchou a Europa para estudar no Conservatorio Hoch de Frankfurt baixo a dirección de Julius Stockhausen. Debutou en 1890 en Berlín coa Berliner Philharmoniker.

Entre 1891 e 1900 realizou unha intensa actividade musical por Europa, con cinco xiras europeas que atinxiron Alemaña, Austria, Suecia e mais Noruega, principalmente acompañada polo pianista Ernest Hoffzimmer e no sur de Alemaña pola pianista Clotilde Kleeberg[2]. Actuou tres veces na cidade natal do avó e, en recordo da súa orixe, dedicou a recadación dos concertos á mellora da cidade; a doazón resultou tan significativa que en Hamelin se levantou unha placa coa inscrición "Á mestra de canto en veneración" (Meisterin des Gesanges in Verehrung). Na súa época estivo considerda unha das grandes voces da Alemaña imperial[3].

En 1900 casou co pintor Richard Müller[4] e deixou de dar concertos para se centrar na docencia. Durante a época nazi negouse a renunciar á cidadanía estadounidense e o réxime expropioulle as súas propiedades [3] e sen ser rehabilitada polas autoridades comunistas morreu na pobreza no barrio de Loschwitz de Dresden.

  1. Schley, Mathilde Georgine (1975). Deutschamerika. p. 18. 
  2. Jannis Wichmann. "Kleeberg, Clotilde, Klothilde, Clothilde, verh. Kleeberg-Samuel". Europäische Instrumentalistinnen des 18. und 19. Jahrhunderts. 
  3. 3,0 3,1 Wiebke Kanz. Erinnerung an eine Diva der Kaiserzeit[Ligazón morta] // Deister- und Weserzeitung, 16 de novembro de 2012
  4. Wodarz, Corinna (1997). Müller, Richard. Neue Deutsche Biographie 18. pp. 471–473.