Samma stjärnor lysa för oss två

canción de Alice Babs
(Redirección desde «Lilla stjärna»)
«Samma stjärnor lysa för oss två»
Canción de Alice Babs
Lanzamento 1958
Formato
Gravada
Xénero musical
Lingua(s) Sueco
Duración 2:38 (actuación no Festival de Eurovisión 1958)
Discográfica
Produtor(es)
Escritor(es) Åke Gerhard
Miscelanea {{{miscelanea}}}

«Samma stjärnor lysa för oss två» (en galego: «A mesma estrela brilla para nós dous») é unha canción composta por Åke Gerhard e interpretada en sueco por Alice Babs.[1] Foi elixida para representar a Suecia no Festival de Eurovisión de 1958 co título «Lilla stjärna» tras ser seleccionada internamente pola emisora sueca Sveriges Radio.[1][2]

Festival de Eurovisión 1958 editar

Lilla stjärna
Canción do Festival de Eurovisión 1958
País
Artista(s)
Lingua(s)
Compositor(es)
Åke Gerhard (música)
Gunnar Wersén (letra)
Resultados
Posto na Final
4
Puntos na Final
10
Cronoloxía
«Augustin» (1959) ►
 
Alice Babs interpretando a canción durante un ensaio do Festival de Eurovisión 1958.

Selección editar

«Samma stjärnor lysa för oss två» foi seleccionada para representar a Suecia no Festival de Eurovisión 1958 pola emisora sueca Sveriges Radio. A cantante elixida para interpretala, Alice Babs, pediu que a letra da canción fose cambiada, así que a emisora sueca encargou a Gunnar Wersén, xornalista e empregado de Sveriges Radio, que escribise unha nova letra para a canción, cuxo nome cambiou a «Lilla stjärna». Debido a isto, o compositor, Åke Gerhard, prohibiu a publicación da canción de maneira comercial.[1]

No festival editar

A canción participou no festival celebrado nos estudos AVRO en Hilversum o 12 de marzo de 1958, sendo interpretada pola cantante sueca Alice Babs.[2] A orquestra foi dirixida por Dolf van der Linden.[3]

Foi interpretada en sexto lugar, seguindo a Luxemburgo con Solange Berry interpretando «Un grand amour» e precedendo a Dinamarca con Raquel Rastenni interpretando «Jeg rev et blad ud af min dagbog». Ao final das votacións, a canción recibiu 10 puntos, obtendo o cuarto posto de 10.[4]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 "Melodifestivalen 1958". Sveriges Television (en sueco). Arquivado dende o orixinal o 15 de agosto de 2019. Consultado o 15 de agosto de 2019. 
  2. 2,0 2,1 UER (ed.). "Alice Babs - Sweden — Hilversum 1958" [Alice Babs - Suecia — Hilversum 1958]. Festival de Eurovisión (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 15 de agosto de 2019. Consultado o 15 de agosto de 2019. 
  3. "Dolf van der Linden". And the conductor is... (en inglés). Search, by year, 1958, Dolf van der Linden. Arquivado dende o orixinal o 13 de maio de 2018. Consultado o 15 de agosto de 2019. 
  4. UER (ed.). "Final of Hilversum 1958" [Final de Hilversum 1958]. Festival de Eurovisión (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 12 de agosto de 2019. Consultado o 15 de agosto de 2019. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Predecesor:
Primeira aparición
 
Suecia no Festival de Eurovisión

1958
Sucesor:
«Augustin»
Brita Borg