Lila de Lilith

libraría feminista en Santiago de Compostela

Lila de Lilith é unha libraría feminista creada no ano 2011 en Santiago de Compostela[1] por Patricia Porto Paderne e Mon Vilar.[2] Como libraría especializada, reúne bibliografía de mulleres autoras e ensaio en temáticas cruzadas coa perspectiva de xénero. Ademais conta cun espazo polivalente de intercambio e creación de propostas culturais, sociais, educativas e artísticas feministas.[3]

Lila de Lilith
Interior do local
Tipolibraría feminista
Data de fundación2011
EnSantiago de Compostela
PaísGalicia
42°52′53″N 8°32′28″O / 42.881490013731, -8.5411073897145
Na rede
Facebook: LiladeLilith Twitter: liladelilith Instagram: librarialiladelilith Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Exterior da libraría Lila de Lilith en maio de 2023
Fachada da libraría.

Historia

editar

A idea da libraría parte dun proxecto previo de traballo en educación desde a perspectiva de xénero chamado Lilith. Acción Social e Educativa. No proxecto orixinal de Lilith traballaron un equipo interdisciplinar para centros de ensino e concellos principalmente.[4]Tras trece anos de traballo no ámbito educativo, no ámbito dos servizos sociais e a igualdade, a empresa compostelá Lilith. Acción Social evolucionou, converténdose nunha libraría de mulleres, cun espazo especializado e multidisciplinar.[1]

Inaugurouse no ano 2011, comezando a súa actividade de cara ao público o día 25 de outubro[1]

O seu nome fai referencia a Lilith (a primeira muller creada por algún deus que se rebelou ante a dominación masculina) e a cor lila (que representa a loita das mulleres). Todo xunto forma unha especie de aliteración que conecta coa parte máis literaria do proxecto.[4]

Recoñecementos

editar

No ano 2017 gañou o primeiro Premio Begoña Caamaño á mellor Iniciativa Cultural pola Igualdade da área de Cultura da Deputación da Coruña[5].

O xurado destacou que a Lila de Lilith supón “un punto de encontro e traballo dos feminismos, unha aposta económica en momento de crise en que a actividade feminista e cultural era escasa, que contribuíu a dinamizar urbanística e economicamente a súa contorna demostrando que o feminismo é unha alternativa que xera traballo e riqueza cunha demanda consolidada no tempo”. Insistiu na súa condición de “única libraría feminista de Galiza que é xa un referente na cultura pola igualdade”.[6]

Segundo unha das seis candidaturas que a presentaron ao concurso, a libraría é “o chanzo final dun proxecto anterior de máis de quince anos de andaina, enfocado na coeducación”. Preséntase a Lila de Lilith, como unha “libraría de mulleres, feminista, que realiza un inxente labor cultural de divulgación literaria e científica de textos, música e obxectos de artesanía feitos por mulleres: unha libraría que achega ao público bibliografía tanto de autoras actuais como clásicas, especialmente en narrativa, poesía infantil, banda deseñada e ensaio de temas especializados, sempre con perspectiva de xénero”. Mérito da libraría feminista é, segundo unha das propostas que a candidataron, unha iniciativa que desde un “pequeno e acolledor local aberto á zona vella compostelá” ao longo de sete anos de maneira ininterrompida, desenvolve “unha morea de iniciativas culturais, propostas artísticas, programación de cursos, actividades, obradoiros, lanzamentos de libros, relatorios, concertos, performances, teatro, etc…, un incesante labor diario vinculado intimamente co feminismo e co pensamento das mulleres, de tal maneira que hoxe é xa toda unha referencia a nivel feminista e non só para o pobo de Compostela, senón para toda Galiza, para o estado e mesmo internacional, sendo tamén un polo de transmisión da nosa cultura e de apoio á normalización lingüística, tendo o galego como lingua vehicular en todas as actividades que organiza”.[7]

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar