Lie Zi

clásico do daoísmo

O Liezi ou Lie Zi (chinés tradicional e simplificado: 列子; pinyin: Liè Zĭ; Wade-Giles: Lieh4-tzu3) é unha das tres obras fundamentais do taoísmo filosófico, xunto coas máis coñecidas de Laozi e Zhuangzi. É atribuído a Lie Yukou, a quen se considera un personaxe lendario.

Lie Zi
Autor/aLie Yukou
LinguaChinés clásico
editar datos en Wikidata ]

O texto foi inscrito na librería imperial co nome de "Tratado da Perfecta Vacuidade". Xeralmente é considerada a máis práctica das obras taoístas principais, fronte ao máis filósofico Daodejing ou ao máis poético Zhuangzi.

Historia editar

As primeiras referencias ao Liezi proceden da primeira metade da dinastía Han. O editor Liu Xiang afirmou ter eliminado repeticións no texto, que organizou en oito capítulos ou pian 篇. O Han shu coincide en atribuírlle oito capítulos, e conclúe que o texto debe ser anterior a Zhuangzi, xa que este o cita no seu libro. O Liezi non volve mencionarse até a dinastía Jin, co comentario elaborado por Zhang Zhan. Todas as versións conservadas na actualidade proceden da edición de Zhang, dividida en oito capítulos ou juan 卷.[1]

Durante o reinado do emperador Xuanzong dos Tang, o Liezi foi elevado á categoría de clásico daoísta, xunto co Daodejing e mais o Zhuangzi. Recibiu o nome de Chongxu zhenjing 沖虛真經 ("Tratado da perfecta vacuidade").[2]

Traducións editar

En castelán editar

Notas editar

  1. "Liezi - Internet Encyclopedia of Philosophy" (en inglés). Consultado o 2024-04-26. 
  2. "Liezi - Chinese philosophy, Taoism, Daoism - Britannica". www.britannica.com (en inglés). 2024-03-21. Consultado o 2024-04-26. 
  3. "Lie zi — Editorial Kairós". Editorial Kairós (en castelán). Consultado o 2024-04-26. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

  • Liezi (La literatura china traducida en España).

 
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.