Liborio García
Liborio García Ferreiro, nado en Lugo o 28 de novembro de 1968 é un xornalista e presentador de televisión galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de novembro de 1969 (54 anos) Lugo, España |
Educación | Universidade Complutense de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, presentador de televisión |
Traxectoria
editarTras licenciarse en Xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid, iníciase profesionalmente na radio a través das emisoras locais da Coruña e Lugo de Antena 3 Radio. Máis tarde traballou na Cadena SER, en Radio Voz e en Lugovisión.
Comezou a gañar popularidade a partir de 1997 cando dá o salto á televisión nacional, presentando, xunto a Inés Ballester, o magazine En Antena, de Antena 3. Precisamente con Ballester formaría tandem profesional á fronte doutros espazos da mesma canle como Ver para creer (1999) ou o reality show El bus (2000).
En 2000 coincidiu con Cristina Saavedra durante os primeiros meses de emisión do informativo Ahora e máis tarde con Paula Vázquez en Mira tú por donde (2002).
Para Telemadrid conduciu o concurso Despega como puedas no ano 2002, para en 2004 volver a Antena 3 substituíndo a Carlos García Hirschfeld á fronte de Noche de impacto, programa no que se emitían vídeos caseiros con imaxes de deportes de risco, accidentes, persecucións policiais etc.
Traxectoria en TV
editar- En Antena (1997-1998) en Antena 3.
- Ver para creer (1999) en Antena 3.
- Ahora (2000) en Antena 3.
- El bus (2000) en Antena 3.
- Mira tú por dónde (2002) en Antena 3.
- Despega como puedas (2002) en Telemadrid.
- Noche de impacto (2004-2005) en Antena 3.