Li Hui

matemático chinés

Liu Hui 劉徽 foi un matemático chinés que viviu durante o reinado de Wei.

Infotaula de personaLi Hui

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(zh) 刘徽 Editar o valor em Wikidata
c. 225 Editar o valor em Wikidata
Zibo (Wei) Editar o valor em Wikidata
Mortec. 295 Editar o valor em Wikidata (69/70 anos)
China, presumiblemente Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaCao Wei (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeCao Wei (pt) Traducir
Western Jin dynasty (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmatemático Editar o valor em Wikidata
Período de actividade(Con vida en: século III Editar o valor em Wikidata)
Interesado enMatemáticas Editar o valor em Wikidata
LinguaChinés clásico Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
FamiliaHouse of Liu (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

No ano 263 editou un libro que compuxera en torno ao inicio da era, coñecido como Jiuzhang Suanshu ou Os nove capítulos da arte matemática, xunto con comentarios moi importantes. Esta obra chegou a ser un dos libros chineses máis famosos no dominio das matemáticas, o gran clásico sobre o que traballaron as xeracións posteriores.

Nos seus comentarios Liu presenta, entre outras cousas,

  • unha estimación do número π a 3,14159 obtida cun algoritmo que aplica iterativamente, e a suxestión de que 3,14 é unha moi boa representación desta constante (a súa estimación realizouna de forma similar á que fixera Arquimedes, considerando un polígono de 192 lados),
  • o resultado de que a área dun círculo é a metade da súa circunferencia multiplicada pola metade do diámetro,
  • a regra de dupla falsa posición,
  • a análise de sistemas de ecuacións lineais simultáneas, e
  • resultados sobre a área de figuras como o prisma, a pirámide, o tetraedro, o cilindro ou o cono.

Non logrou determinar o volume da esfera, pero escribiu: "deixemos o problema a quenquera que poida decir a verdade ao respecto".

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Chemla, Karine & Guo Shuchun (2009): Les neuf chapitres: le classique mathématique de la Chine ancienne et ses commentaires. París: Dunod
  • Needham, Joseph & C. Cullen (Eds.) (1959): Science and Civilisation in China: Volume III, section 19. Cambridge University Press. ISBN 0-521-05801-5.
  • Pla i Carrera, Josep (2009): Liu Hui: nueve capítulos de la matemática china. Madrid: Nivola. ISBN 978-84-92493-43-2.