Liña 2 do metro de Barcelona
A liña 2 ou liña lila do metro de Barcelona é unha liña de ferrocarril metropolitano soterrada que dá servizo nas cidades de Barcelona, Sant Adrià de Besòs e Badalona. Foi a última liña inaugurada durante o século XX á rede do metro e a primeira totalmente equipada con ascensores hidráulicos para ser adaptada a persoas con mobilidade reducida e pavimento de textura especial para invidentes. Actualmente ten trece quilómetros de lonxitude e dezaoito estacións.[1]
Liña 2 do metro de Barcelona | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
![]() | ||||
Tipo | liña de metro ![]() | |||
Estado de uso | en funcionamento ![]() | |||
Persoas e organizacións | ||||
Operador/a | Transports Metropolitans de Barcelona ![]() | |||
Datas | ||||
Fundación | 1959 ![]() | |||
Inauguración | 1995 ![]() | |||
Transporte | ||||
Número de ruta | L2 ![]() | |||
Ancho de vía | largo internacional ![]() | |||
Dimensións | ||||
Lonxitude | 13,1 km ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Cataluña | |||
Provincia | provincia de Barcelona | |||
Ámbito funcional territorial | Ámbito metropolitano de Barcelona | |||
Comarca | Barcelonès | |||
Concello | Barcelona ![]() | |||
Contacto | ||||
Páxina WEB | tmb.cat… ![]() | |||
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |
O trazado da liña, que une Paral·lel e Badalona Pompeu Fabra, é de dobre vía soterrada. Os talleres e as cocheiras atópanse no Triángulo Ferroviario, preto da estación de La Pau. Ademais ten enlaces de servizo en Paral·lel coa liña 3 e en La Pau coa liña 4, entre outros.


Notas
editar- ↑ Transports Metropolitans de Barcelona, ed. (10 de xullo de 2010). "A rede de metro de TMB chega aos 100 km coa prolongación do L2 ao centro de Badalona". Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 1 de outubro de 2010.