Lewis Tewanima
atleta hopi
Louis Tewanima, nado en 1888 e finado o 18 de xaneiro de 1969, tamén coñecido como Tsökahovi Tewanima ou Lewis Tewanima,[1] foi un atleta hopi de carreira de longa distancia. Foi dúas veces ós Xogos Olímpicos e gañou a medalla de prata nos 10.000 m en 1912. Correu para o Carlisle Indian School, onde era compañeiro de equipo de Jim Thorpe. A súa medalla de prata en 1912 foi o mellor logro dos Estados Unidos nesta competición até que outro nativo americano, Billy Mills, gañou a medalla de ouro en 1964. Tewanima tamén competiu nos Xogos de 1908, onde rematou en novena posición no maratón.[2]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1888 Shongopovi, Estados Unidos de América |
Morte | 18 de xaneiro de 1969 (80/81 anos) Second Mesa, Estados Unidos de América |
Causa da morte | morte accidental |
Grupo étnico | Pobo hopi |
Educación | Carlisle Indian Industrial School |
Altura | 160 cm |
Peso | 51 kg |
Actividade | |
Ocupación | atleta, maratoniano |
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América |
Deporte | atletismo |
Participou en | |
1912 | Xogos Olímpicos de 1912 |
1908 | Xogos Olímpicos de 1908 |
Cadro de medallas | |||
---|---|---|---|
Atletismo masculino | |||
Xogos Olímpicos | |||
Estocolmo 1912 | 10.000 m |
Notas
editar- ↑ Sharp, Kathleen (June 2021). "The Olympic Star Who Just Wanted to Go Home". Smithsonian Magazine (en inglés). Consultado o 31 de marzo de 2022.
- ↑ Lewis Tewanima Arquivado 17 de abril de 2020 en Wayback Machine.. sports-reference.com
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lewis Tewanima |