Lev Vigotski
Lev Semenovich Vigotski (en cirílico Лев Семенович Выготский) nado o 17 de novembro de 1896 en Orsha e finado o 11 de xuño de 1934, foi un psicólogo soviético estudoso da psicoloxía do desenvolvemento e fundador da psicoloxía histórico-cultural.
Lev Vigotski | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | לײב װיגאָדסקי, Лев Симхович Выгодский e Леў Сямёнавіч Выго́цкі |
Nacemento | 17 de novembro de 1896 |
Lugar de nacemento | Orsha |
Falecemento | 10 de xuño de 1934 |
Lugar de falecemento | Moscova |
Causa | tuberculose |
Soterrado | cemiterio Novodevichii |
Nacionalidade | Imperio Ruso e Unión Soviética |
Alma máter | Universidade Estatal de Moscova e Moscow City People’s University |
Ocupación | filósofo, psicólogo, pedagogo, escritor de non ficción, profesor universitario e antropólogo |
Cónxuxe | Roza Noevna Vygodskaya |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
ContribuciónsEditar
Unha das máis grandes contribucións de Lev Vigotski á psicoloxía é a concepción que tiña do ser humano. Vigotski consideraba que os homes e mulleres son seres eminentemente sociais, até o punto de afirmar que o seu desenvolvemento lévase a cabo primeiramente na esfera social que os rodea, e logo interiorízase.
O coñecemento, así como calquera outra dimensión psicolóxica da persoa (linguaxe, razoamento etc.) son produtos sociais que a persoa desenvolve en sociedade e que vai interiorizando a medida que crece.
ObraEditar
- A imaxinación e a expresión artística na infancia*[1]
NotasEditar
- ↑ Ficha Arquivado 20 de decembro de 2016 en Wayback Machine. do libro na web de Kalandraka.
Véxase taménEditar
Outros artigosEditar
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |