lernu!, que en lingua galega significa aprende!, é un portal de internet multilingüe e gratuíto para o coñecemento e aprendizaxe da lingua artificial esperanto. Permite o estudo do esperanto mediante diversos cursos. Inclúe unha serie de exercicios gramaticais supervisados, exames, xogos lingüísticos, relatos e dicionarios.

HistoriaEditar

A idea de lernu! como medio de aprendizaxe naceu no primeiro seminario de Esperanto@Interreto (E@I) en Estocolmo (Suecia) en abril do 2000, e concretouse no outubro do 2001 no segundo seminario de E@I.

En xullo de 2002, o proxecto recibiu o apoio financeiro de Esperantic Studies Foundation e finalmente foi lanzado ao público o 21 de decembro de 2002. Dende entón é sostido polo E@I e outros apoiadores individuais.

Edicións fóra da redeEditar

Algunhas veces lernu! foi editado en CD. Durante os tres últimos anos apareceron diversas versións con material engadido: música, programas e outros cursos de esperanto que non estaban na web. A versión máis nova presente en internet aínda non foi editada en disco.

O equipo de lernu!Editar

Durante máis de catro anos, moitas persoas contribuíron enormemente ó desenvolvemento do sitio. Entre os que forman (ou formaron) o grupo de traballo de lernu! están Hokan Lundberg, Sonja Petrovic-Lundberg, Bertilo Wennergren, Jevgenij Gaus, Neringa Zasaité, Aaron Chapman, Clayton Smith (Argilo) e Henning von Rosen.

Titores e tradutoresEditar

lernu! está dispoñible en 27 linguas, o que posibilita que moitos estudantes reciban axuda na súa lingua nai.

Apoio de GoogleEditar

Debido á súa natureza educativa e non lucrativa, lernu! conta co apoio da compañía de internet Google, que gratuitamente publicita a web entre as buscas de internet. Ademais o sitio utiliza outras tecnoloxías de Google coma o servizo de estatísticas, a publicidade contextual etc.

Principais característicasEditar

lernu! ten diversos servizos e axudas: dicionarios, supervisión de exercicios gramaticais (os titores revisan o curso manualmente e contestan preguntas do idioma, relatos en son con imaxes, presentacións en esperanto, mensaxería instantánea, biblioteca con libros dixitais, música e curtametraxes. Así mesmo, na páxina web pódense atopar xogos, foros e novas.

Ultimamente a páxina é visitada en promedio máis de 75.000 veces mensualmente e a cantidade total de usuarios rexistrados supera os 35.000[1].

NotasEditar

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar