Leopoldo Peñarroja Torrejón
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2022.) |
Leopoldo Peñarroja Torrejón, nado en La Vall d'Uixó, Castelló, o 24 de xuño de 1954, é un historiador español que conseguiu certa notoriedade en círculos académicos coa publicación da obra O mozárabe de Valencia, cuxa controvertida tese principal era a existencia dunha básica continuidade lingüística entre o romance anterior á reconquista (ou mozárabe) e o valenciano, o cal non constituiría unha derivación directa do Idioma catalán.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de xuño de 1954 (70 anos) La Vall d'Uixó, España |
Actividade | |
Ocupación | filólogo, historiador |
Membro de | |
Traxectoria
editarÉ licenciado en Filosofía e Letras pola Universidade de Valencia, doutor en Historia pola Universidade de Zaragoza e Académico da RACV. É membro da Sociedade Española de Lingüística. Desde decembro do 1985 a xuño de 2004 foi membro do Consello Valenciano de Cultura a proposta do Partido Popular e de Unión Valenciana.
Traballou sobre temas relacionados cos mozárabes españois, e máis especificamente sobre as falas destes nos territorios da antiga Coroa de Aragón. É autor de máis dun centenar de artigos de temática histórica e filolóxica, referidos en especial a ámbitos como a Gramática Histórica, a Dialectoloxía mozárabe, a Toponimia valenciana, o Cristianismo primitivo e posislámico e a Valencia mourisca.