La Vall d'Uixó
La Vall d'Uixó, tamén coñecida coma Vall-Llarga, Vall del Duc ou La Vall, é un concello do País Valenciano situado ao sueste da provincia de Castelló, na comarca da Plana Baixa. Ten 31.978 habitantes (INE 2007).
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Comunidade Valenciana | ||||
Provincia | Castelló | ||||
Comarca da Comunidade Valenciana | Plana Baixa ![]() | ||||
Capital | Vall d'Uixó (en) ![]() ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 31.884 (2024) ![]() | ||||
Lingua oficial | Valenciano (lingua predominante) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 67,1 km² ![]() | ||||
Altitude | 118 m ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcaldesa ![]() | Tania Baños Martos (en) ![]() ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 12600 ![]() | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 12126 ![]() | ||||
Código ARGOS de concellos | 12126 ![]() | ||||
Sitio web | lavallduixo.es ![]() | ||||
![]() ![]() ![]() |
Xeografía
editarO municipio áchase situado xunto á costa mediterránea, o que lle fai gozar dunhas condicións climáticas típicas desta costa, con invernos suaves e veráns calorosos. A súa temperatura máxima aproxímase aos 40 °C mentres que a mínima sitúase en torno aos 3 °C. A taxa pluviométrica é de 509,51 mm.
Dista uns 30 km de Castelló de la Plana e atópase a pouco menos de 50 km de Valencia. É unha cidade interior situada entre un val e a moi poucos quilómetros, tan só oito, das praias da Costa do Azahar. O acceso a esta cidade efectúase por estrada. Accédese desde a CV-10.
La Vall d'Uixó está rodeada na Plana Baixa polos municipios de Almenara, Artana, Alfondeguilla, La Llosa, Moncofa, Nules e Xilxes; coa provincia de Valencia polo municipio de Sagunt.
Demografía
editarLa Vall d'Uixó ten 31.978 habitantes (INE 2007).
Evolución demográfica de La Vall d'Uixó[1] | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1857 | 1887 | 1900 | 1910 | 1920 | 1930 | 1940 | 1950 | 1960 | 1970 | 1981 | 1991 | 1996 | 2002 | 2006 | 2007 | ||||
7.229 | 8.506 | 8.643 | 8.856 | 8.807 | 9216 | 9.630 | 11.712 | 18.596 | 24.105 | 26.145 | 27.387 | 28.283 | 29.871 | 31.553 | 31.978 |
Economía
editarA actividade económica e industrial na localidade desde antigo estivo centrada na actividade agrícola, con dúas artesanías importantes: a alpargataría e a alfaiaría.
Progresivamente, a produción artesanal da alpargata foi adquirindo caracteres industriais, ata que na primeira metade do século XX, sobre todo coa creación da empresa familiar Segarra e os seus traballos para o exército, a industria do calzado convértese no sector punta do desenvolvemento económico da poboación.
Este proceso de industrialización, baseado fundamentalmente na empresa Segarra, estivo acompañado da creación de numerosas empresas de calzado ao redor desta. En ningún momento este feito significou a perda do carácter agrícola da cidade. Pódese dicir que as principais actividades nestes últimos tempos foron a industria do calzado e a produción agrícola, sobre todo de agres, favorecida polo clima con que conta a localidade.
Esta carencia de diversificación industrial viuse afectada pola crise do sector do calzado, que levou á desaparición de moitas empresas e, polo tanto, á perda de postos de traballo.
Notas
editar- ↑ Fonte: Poboación de feito segundo o Instituto Nacional de Estadística. Alteracións dos municipios nos Censos de Poboación dende 1842, Arquivado 11 de marzo de 2009 en Wayback Machine. Series de poboación dos municipios dende 1996. Arquivado 18 de abril de 2010 en Wayback Machine.