Leopoldo Alas Mínguez
Leopoldo Alas Mínguez, coñecido como Leopoldo Alas, nado en Arnedo (A Rioxa) en 1962 e finado en Madrid, o 1 de agosto de 2008, foi un escritor e xornalista español.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de setembro de 1962 ![]() Arnedo, España ![]() |
Morte | 1 de agosto de 2008 ![]() Madrid, España ![]() |
Causa da morte | pneumonía ![]() |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, escritor, poeta ![]() |
Xénero artístico | Poesía ![]() |
Familia | |
Parentes | Leopoldo Alas ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarLicenciado en filoloxía italiana, deuse a coñecer como poeta en 1981, nunha antoloxía coordinada polo tamén escritor Vicente Molina Foix. Posteriormente desenvolveu unha traxectoria en diversos xéneros (poesía, teatro, narrativa, ensaio) e a carreira xornalística. Desde 1986 colaborou como articulista en diferentes revistas e xornais, en particular o xornal español El Mundo. Entre 1987 e 1992 dirixiu a revista de poesía Signos. En 2005 comezou a dirixir un programa en Radio Nacional de España de carácter semanal, de temática LGBT.
Era bisneto dun irmán do escritor Leopoldo Alas, Clarín, co que coincidía no nome. Faleceu a consecuencia dunha pneumonía.
Obra
editarNarrativa
editar- África entera tocando el tam tam (1981) (narrativa breve)
- Descuentos (1986) (narrativa breve)
- Bochorno (1991)
- El extraño caso de Gaspar Ganijosa (2001)
- A través de un espejo oscuro (2005)
Poesía
editar- Los palcos (1988)
- La condición y el tiempo (1992)
- La posesión del miedo (1996)
- El triunfo del vacío (2004)
- Concierto del desorden (2007)
Ensaio
editar- La orgía de los cultos (1998)
- De la acera de enfrente (1994)
- Hablar desde el trapecio (1995)
- Los amores periféricos (1997).
- Ojo de loca no se equivoca (2002)
Teatro
editar- Última toma (1985)
- La pasión de madame Artú (1992)
- Sin demonio no hay fortuna (1987). Libreto de ópera.
- Estamos en el aire (1991). Libreto de ópera. Emitida por RNE.