Leicester fronteiriza
A leicester fronteiriza é unha raza de ovella, nacida como variante da leicester, e indicada para a produción de la.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/06/LeicesterFronteiriza.jpg/300px-LeicesterFronteiriza.jpg)
Características
editarA leicester fronteiriza é unha ovella de tamaño medio, cunha estatura de 81 cm nos ombros e que rolda o metro de testa a cola. Os carneiros pesan entre 125 e 150 kg, e as femias adultas entre os 80 e os 100 kg.
A cabeza é curta e dereita, con dúas moi longas orellas ergueitas e cubertas de pelo, que lle dan un aspecto moi característico. Os ollos son negros, e as vendas do fociño son grandes e tamén negras. A testa carece de la. As patas, firmes e dereitas, tampouco teñen la, aínda que si pelo branco, e as unllas son escuras.
Considérase dócil para a cría e o manexo.
Historia
editarA historia desta raza é ben coñecida. Cando os irmáns Culley levaron a Northumberland varias cabezas de ovellas de raza leicester, comezaron un rápido proceso de mellora xenética, ao principio cruzándoas con leicester importadas, e a partir dos anos trinta do século XIX con cruzamentos endogámicos. A partir de 1850 comeza a configurarse un tipo de ovella claramente distinto do leicester.
A leicester fronteiriza existe amplamente en todas as nacións das Illas Británicas e tamén se ten exportado con éxito a Australia (onde o seu cruzamento coa ovella meiriña é xa a raza de maior número de cabezas, cun milleiro de criadores rexistrados de leicester fronteiriza pura), Nova Zelandia ou Suráfrica. Tamén existen rabaños certificados nos Estados Unidos.
Rendibilidade
editarO principal destino da produción de leicester fronteirizas é a extracción de la. Dánselle dúas rapas ao ano, cando o pelo chega aos dez centímetros, e é particularmente aprezado pola súa la crecha, mesta e brillante. Os años producen case dous quilos de la, pero os exemplares adultos poden superar os 3 kg en cada rapa. Con rapas anuais, a la pode chegar aos 9 kg no caso dos carneiros e a 6,4 kg no caso das femias.
No cinema
editarVéxase tamén
editarLigazóns externas
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Leicester fronteiriza |