Leecher é un termo usado en Internet, sobre todo nas redes Peer to Peer (P2P) para referirse ós usuarios que só empregan estes servizos para descargar, pero non comparten nada ou moi pouco, non permiten uploads (subidas) e adoitan descargar maioritariamente música. A palabra provén do inglés leech, "samesuga". Tamén se lles chama KaZaA kiddies.