En zooloxía, denomínase lecitotrofia á estratexia de alimentación utilizada polas larvas de moitos organismos na cal non buscan seu alimento no medio externo, senón que utilizan as reservas de vitelo (do seu saco vitelino) que levan consigo desde o seu nacemento. Na maioría dos casos, o estadio larvario é de curta duración e o paso á etapa xuvenil é rápido, para poder empezar a alimentarse.[1]

A lecitotrofia ocorre máis comumente en larvas de invertebrados, principalmente mariños, que viven en altas latitudes ou en uguas de gran profundidade,[2] como, por exemplo, nos antozoos da orde dos pennatuláceos.

Nos marsupiais, o embrión desenvólvese inicialmente polo consumo de vitelo, implantándose no útero nos estadios finais da xestación.[3]

Notas editar

  1. Ruppert, E. & Barnes, R. D. (1994): Invertebrate Zoology, 6th ed. Philadelphia/Fort Worth: Saunders College Publishing, ISBN 978-0-0302-6668-3.
  2. Pechenik, Jan A. (2016). Biologia dos Invertebrados 7ed (en portugués). McGraw Hill Brasil. ISBN 978-85-8055-581-3. 
  3. García, Sonia M. Lauer; Fernández, Casimiro G. (2009). Embriologia - 3.Ed. (en portugués). Artmed Editora. ISBN 978-85-3632-704-4. 

 
 Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.