Le génie du mal é unha escultura relixiosa executada en mármore branco do artista belga Guillaume Geefs instalada en 1848. Tamén é coñecida como "Lucifer" ou o "Lucifer de Liexa". Os historiadores de arte francófonos tamén se refiren á obra como un ange déchu (anxo caído). Atópase nun elaborado púlpito Catedral de San Paulo de Liexa. Representa un home dunha beleza clásica, sentado e encadeado e case espido, agás pola tea que ten sobre as súas coxas. A escultura substitúe unha obra anterior feita polo irmán de Geefs, Joseph Geefs, retirada da catedral por mor da súa beleza enfermiza.

Le génie du mal
ArtistaGuillaume Geefs
Data1848
TécnicaEscultura en mármore branco
LocalizaciónCatedral de San Paulo (Liexa)

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar