Le Testament d'un excentrique
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2018.) |
Le Testament d'un excentrique é unha novela en lingua francesa do escritor Jules Verne, publicada por capítulos na segunda serie da revista Magasin d’Education et de Récréation entre o 1 de xaneiro (volume 9, número 97) e o 15 de decembro (volume 10, número 120) de 1899 , e como libro íntegro o 3 de agosto dese mesmo ano.[1]
Le Testament d'un excentrique | |
---|---|
![]() | |
Título orixinal | Le testament d’un excentrique |
Autor/a | Jules Verne |
Ilustrador/a | George Roux |
Orixe | ![]() |
Lingua | Francés |
Colección | Narrativa |
Tema(s) | Viaxes; xeografía |
Xénero(s) | Novela de aventuras |
Editorial | Pierre-Jules Hetzel |
Data de pub. | 1899 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Trátase dunha novela de aventuras que trata a viaxe a través dos Estados Unidos de América mediante unha modificación do xogo da oca, no que a cada estado lle corresponde un ou varios recadros do xogo.
Trama
editarWilliam J. Hypperbone é un home solitario e rico, membro do Excentric Club de Chicago, gran afeccionado ao xogo da oca. Deixa escrito que a súa última vontade é a celebración dun funeral excéntrico, no que prime a ledicia, a música e a suntuosidade. Amais, indica que se debe escoller por sorteo seis habitantes da cidade para que leven o cadaleito. O testamento de Hypperbone dáse a coñecer quince días despois do falecemento, e os rumores indican que legará a súa riqueza a unha desas seis persoas.
Logo dunha grande expectativa, danse a coñecer os nomes das persoas escollidas no sorteo:
- Hodge Urrican: antigo mariño, bastante irascible e temperamental. Vai acompañado do seu amigo Turk, tamén unha persoa enfurecida.
- Lissy Wag: caixeira nunha tenda, unha rapaza sinxela. Acepta ir ao funeral porque lle insiste a súa amiga Jovita Foley, quen ten especial interese noutro dos elixidos, Max Real.
- Harris T Kymbale: xornalista do Chicago Tribune.
- Hermann Titbury: usureiro, avaro, casado e sen descendencia. Acompáñao a súa muller.
- Tom Crabbe: boxeador torpe e bestial. Acompáñao o seu representante, John Milner, quen fala e pensa por el.
- Max Real: pintor, emocionado por viaxar. Acompáñao o seu criado Tommy.
Unha vez aberto o testamento desvélase que a fortuna de Hypperbone ascende a 60 millóns de dólares, e que se entregará á persoa gañadora nun singular xogo da oca que se desenvolverá nos Estados Unidos de América. Desta forma, os 64 recadros do xogo repartíronse entre os 50 estados que entón compuñan o país. No xogo participan as seis persoas elixidas por sorteo máis un misterioso xogador coñecido como XKZ.
Logo de varias quendas a sorte dos xogadores é diversa, pois ás veces caen no pozo ou no cárcere e deben volver atrás. Finalmente gaña o xogo XKZ, que era o propio Hypperbone. O millonario non morrera, senón que sufrira un ataque de catalepsia, e ao se recuperar e ver a expectativa creada deixou seguir as cousas coa axuda do notario Tornbrock e do presidente do Excentric Club, Mr. Higgingbotham.
Temática
editarA Xeografía, unha das constantes na obra de Verne, ten unha forte carga nesta obra. Hai numerosas citas aos libros de Élisée Reclus ao describir os estados e cidades polos que discorre a viaxe. Amais da xeografía física aparece tratada tamén a xeografía humana, coas diversas particularidades dos habitantes estadounidenses, que aparecen retratados como duros, ambiciosos e amables mais con propósitos firmes, fronte aos ingleses que describe como fríos, groseiros e antipáticos.
Na novela hai tamén espazo para as relacións amorosas, coa relación entre Lissy Wag e Max Real.
Notas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Le Testament d'un excentrique |
Ligazóns externas
editar- Ilustracións orixinaisArquivado 13 de outubro de 2016 en Wayback Machine. (en francés).
- Le Testament d'un excentrique, en Wikisource (en francés).