Le Sommet des dieux

filme de 2021 dirixido por Patrick Imbert

Le Sommet des dieux é un filme franco-luxemburgués de 2021 dirixido por Patrick Imbert. Baséase no manga xaponés Kamigami no Itadaki de Jiro Taniguchi. Estreouse no Festival Internacional de Cinema de Cannes en xullo de 2021 antes da súa estrea nos cinemas en setembro de 2021.

Le Sommet des dieux
Logo do filme.
Ficha técnica
Título orixinalLe Sommet des dieux
DirectorPatrick Imbert
ProdutorJean-Charles Osotorero
Didier Brunner
Damien Brunner
Stéphan Roelants
GuiónPatrick Imbert
Magali Pouzol
Jean-Charles Ostorero
Baseado enKamigami no Itadaki de Jiro Taniguchi
MúsicaAmine Bouhafa
EstudioFolivari
Mélusine Productions
DistribuidoraDiaphana Distribution (Francia)
Wild Bunch (internacional)
EstreaCannes: 15 de xullo de 2021
Duración90 minutos
Orixe Francia
Luxemburgo Luxemburgo
XéneroAnimación
Na rede
IMDB: tt7014378 Allocine: 269946 Editar o valor em Wikidata

Produción editar

O filme baséase na serie manga Kamigami no Itadaki escrita e ilustrada por Jiro Taniguchi, que á súa vez está baseada na novela de 1998 de Baku Yumemakura.[1] En xaneiro de 2015, anunciouse unha adaptación de animación CG en lingua francesa.[2] Orixinalmente, estaba prevista a súa produción por Julianne Films, Walking The Dog e Mélusine Productions, con dirección de Éric Valli e Jean-Christophe Roger.[2] En xuño de 2020, anunciouse que o filme sería finalmente dirixido por Patrick Imbert, con guión de Imbert, Magali Pouzol e Jean-Charles Ostorero, e música de Amine Bouhafa. Tamén se anunciou que sería distribuído por Diaphana Distribution en Francia e Wild Bunch internacionalmente.[3] Estreouse no Festival Internacional de Cinema de Cannes o 15 de xullo de 2021,[4] antes da súa estrea nos cinemas de Francia o 22 de setembro de 2021.[5]

Internationalmente, Netflix estreou o filme nos cinemas dos Estados Unidos o 24 de novembro de 2021, e no Reino Unido o 26 de novembro de 2021. O filme estivo dispoñible para a súa emisión en streaming o 30 de novembro de 2021.[6]

Notas editar

  1. Garrity, Shaenon K. (27 de novembro de 2014). "Summit of the Gods – House of 1000 Manga". Anime News Network. Consultado o 29 de novembro de 2014. 
  2. 2,0 2,1 Ressler, Karen (20 de xaneiro de 2015). "Summit of the Gods Manga Gets French CG Animated Film". Anime News Network. Consultado o 27 de outubro de 2021. 
  3. Pineda, Rafael (18 de xuño de 2020). "French CG Film Summit of the Gods Unveils New Teaser, 2021 Debut". Anime News Network. Consultado o 27 de outubro de 2021. 
  4. Pineda, Rafael (4 de xullo de 2021). "Belle Film Makes World Premiere as Cannes Official Selection on July 15". Anime News Network. Consultado o 27 de outubro de 2021. 
  5. Mateo, Alex (29 de xullo de 2021). "French CG Film Summit of the Gods Opens on September 22". Anime News Network. Consultado o 27 de outubro de 2021. 
  6. Milligan, Mercedes (31 de agosto de 2021). "Netflix Acquires Patrick Imbert's 'The Summit of the Gods' for Cinemas & Streaming". Animation Magazine. Consultado o 27 de outubro de 2021. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar