Abrir o menú principal

Víctor de Santa Teresa, OCD, de nome secular León Esteban San Miguel Erce,[1] nado en Lekeitio, Biscaia, o 21 de abril de 1904 e finado o 4 de abril de 1995, foi un bispo católico e relixioso carmelita descalzo que por 15 anos exerceu de ordinario da vigairía apostólica de Kuwait.[2]

Víctor de Santa Teresa
Bispo da Igrexa Católica Latina
Biografía
Nacemento21 de abril de 1904 en Lekeitio, Biscaia
Pasamento4 de abril de 1995
Ordes
Ordenación sacerdotal1 de xuño de 1928
Consagración episcopal16 de xullo de 1976, por Jean-Édouard-Lucien Rupp
Vigairo apostólico de Kuwait
1976 - 1981
PredecesorUbaldo Teofano Stella
SucesorFrancis George Adeodatus Micallef
Outros
Ficha en catholic-hierarchy.org

TraxectoriaEditar

Naceuo en Lekeitio en 1904, fillo de Vicente San Miguel e Paulina Erce. Logo de estudar en Villafranca, Navarra, comezou o noviciado na Orde dos Carmelitas Descalzos, onde profesou o 28 de xullo de 1921, tomando o nome de Víctor de Santa Teresa.

Estudou tres anos de filosofía (1922-1925) en Vitoria, e tres de teoloxía no Carmelo de Begoña (1925-1928). Recibiu a orde sacerdotal o 1 de xuño de 1928 en Vitoria, Áraba, e en outubro dese ano foi destinado á India, onde cursou os estudos eclesiásticos no Seminario de Puthempally até 1929. Aprendeu a lingua local e exerceu como profesor de socioloxía no mesmo, até 1966. Chegou a ser superior dos carmelitas no estado de Kerala.[3]

O 17 de marzo de 1966 a Santa Congregación para a Propagación da Fe elixiuno como administrador apostólico da vigairía de Kuwait, logo da renuncia de Ubaldo Stella.

O 31 de maio de 1976 foi elixido vigairo apostólico de dita sé, e foi consagrado bispo o 16 de xullo de 1976, como bispo titular de Rusubbicari. Exerceu este cargo até o 5 de novembro de 1985. Retirouse á India, onde seguiu a traballar até a súa morte o 4 de abril de 1995.

ObrasEditar

  • A manual of Christian sociology (Alwaye, 1947)
  • La India y sus problemas (Donostia, 1951)
  • Mater et Magistra in India (Alwaye, 1963)
  • Christians in Kuwait (Beirut, 1970)
  • Kerala Adios (Kuwait, 1978)
  • Misioneros memorables (Vitoria, 1980)
  • Back to the Indian mission (Vemsur, 1984)
  • Three Century Kerala Carmelite Mission, 1956-1975 (Vemsur, 1986)

Notas e referenciasEditar

  1. As veces aparece citado como Víctor Sanmiguel ou Víctor León Esteban San Miguel y Erce.
  2. Urkiza, p. 483.
  3. ABC do 19 de xuño de 1976 (Hemeroteca)

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Ubaldo Teofano Stella
 Vigairo apostólico de Kuwait 
1976 - 1981
Sucesor:
Francis George Adeodatus Micallef
Predecesor:
José da Silva Chaves
 Bispo titular de Rusubbicari 
1976 - 1995
Sucesor:
Douglas William Young