Laurynas Birutis

baloncestista lituano

Laurynas Birutis, nado o 27 de agosto de 1997 en Šiauliai, é un xogador profesional de baloncesto lituano. Cunha altura de 2,13 m xoga na posición de pivote para o BC Žalgiris Kaunas lituano.

Laurynas Birutis
BC Žalgiris
Información persoal
Nacemento 27 de agosto de 1997 (26 anos)
Šiauliai
Nacionalidade Lituania Lituania
Altura 2,13 m (7 ft 0 in)
Peso oficial 114 kg (251 lb)
Posición Pivote
Información da carreira
Carreira 2014−presente
Historial de equipos
Žalgiris Kaunas (2014–2020)
Žalgiris-2 (2014–2017)
Prienai (2017)
Šiauliai (2017–2018)
Prienai (2019–2020)
Obradoiro (2020–2022)
Žalgiris Kaunas (2022–presente)

Traxectoria profesional editar

O 24 de xullo de 2020, anunciouse a fichaxe de Birutis por dúas tempadas polo Obradoiro CAB da Liga ACB.[1] No seu debut co Obradoiro na ACB, o 20 de setembro de 2020, Birutis foi elixido coma mellor xogador da xornada tras facer 27 puntos, 12 rebotes e 3 tapóns, para un total de 42 de valoración.[2] O 28 de setembro de 2020, Birutis foi elixido coma mellor xogador do mes de setembro da ACB.[3] O 4 de outubro de 2021, Birutis foi escollido por terceira vez co Obradoiro coma mellor xogador da xornada da ACB, tras facer 20 puntos, 12 rebotes e 4 tapóns, cun total de 30 de valoración, na vitoria do conxunto galego por 93-81 contra o Baloncesto Fuenlabrada.[4] Igualou desta forma a Kostas Vasileiadis, único xogador do Obradoiro ata ese intre en ser escollido tres veces coma mellor xogador da xornada da ACB.

O 10 de xuño de 2022, tras dúas tempadas co Obradoiro, Birutis asinou de novo co BC Žalgiris lituano.[5]

Notas editar

  1. "O Monbus Obradoiro ficha a Laurynas Birutis". obradoirocab.com. 24 de xullo de 2020. Arquivado dende o orixinal o 28 de xullo de 2020. Consultado o 10 de xuño de 2022. 
  2. "Laurynas Birutis, Jugador de la Jornada 1". ACB.com. 20 de setembro de de 2020. Consultado o 10 de xuño de 2022. 
  3. "Laurynas Birutis, MVP Movistar de septiembre". ACB.com. 28 de setembro de de 2020. Consultado o 10 de xuño de 2022. 
  4. "Laurynas Birutis, Jugador de la Jornada 4". ACB.com. 4 de outubro de de 2021. Consultado o 10 de xuño de 2022. 
  5. "Laurynas Birutis returns to Zalgiris". zalgiris.lt. 10 de xuño de 2022. Consultado o 10 de xuño de 2022. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar