Laurel Blair Salton Clark

astronauta estadounidense
(Redirección desde «Laurel Clark»)

Laurel Clark, nada o 10 de marzo de 1961 en Ames (Iowa) e finada o 1 de febreiro de 2003, foi unha cirurxiá aeronáutica estadounidense, capitá da Mariña dos Estados Unidos, astronauta da NASA e especialista en misións de transbordador espacial. Clark morreu xunto cos seus seis compañeiros de tripulación no Accidente do transbordador espacial Columbia, e foi galardoada postumamente coa Medalla de Honra Espacial do Congreso.

Laurel Blair Salton Clark
Nacemento10 de marzo de 1961
Lugar de nacementoAmes
Falecemento1 de febreiro de 2003
Lugar de falecementoTexas
SoterradaCemiterio Nacional de Arlington
NacionalidadeEstados Unidos de América
RelixiónUnitário-Universalismo
Alma máterUniversidade de Wisconsin-Madison e William Horlick High School
Ocupaciónoficial, astronauta, médica e tripulante de submarino
PremiosMedalla de Honra Espacial do Congreso
Na rede
WikiTree: Salton-20 Find a Grave: 7135846 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Clark obtivo unha licenciatura en zooloxía da Universidade de Wisconsin- Madison en 1983 e un doutoramento en medicina da mesma universidade no ano 1987.[1]

 
Laurel Clark durante o adestramento na NASA.

Na escola de medicina adestrouse no Departamento de Medicina de Mergullo.[1] Unha vez terminados os seus estudos, Clark seguiu cun posgrao en medicina con especialización en pediatría desde 1987-1988 no Hospital Naval de Bethesda, Maryland.[1] Despois de dous anos de experiencia operacional, Clark foi designada Oficial Médico Submarino da Mariña e Oficial Médico de Mergullo. No Instituto Médico Aeroespacial da Mariña, en Pensacola, Florida, Laurel Clark pasou seis meses de adestramento aeromédico e foi designada como Cirurxián de Voo. O seu escuadrón gañou o premio Escuadrón Mariño de Ataque do Ano polo seu exitoso desempeño. Neste momento foi asignada como Cirurxián de Voo do Grupo para o Grupo Aéreo da Mariña ( MAG 13). Antes da súa selección como candidata a astronauta, serviu como Cirurxián de Voo para un escuadrón de adestramento da Mariña en Pensacola, Florida.

Experiencia na NASA editar

A doutora Clark foi seleccionada pola NASA en abril de 1996[2] e presentouse ao Johnson Space Center en agosto de 1996 . Despois de completar dous anos de adestramento e avaliación, foi cualificada para a asignación de voo como especialista en misións. De xullo de 1997 a agosto de 2000, Clark traballou na División de Carga e Habitabilidade da Oficina de Astronautas.

A doutora Clark voou a bordo da misión STS-107 e rexistrou 15 días, 22 horas e 20 minutos no espazo. Esta misión de 16 días de duración estivo dedicada á investigación científica á cal se lle destinou as 24 horas do días en dúas quendas alternantes. A tripulación levou a cabo e de maneira exitosa preto de 80 experimentos. A misión terminou en traxedia cando o Transbordador Espacial Columbia se desintegrou durante a reentrada sobre o ceo do suroeste dos Estados Unidos cando só faltaban 16 minutos para a aterraxe. A causa desta traxedia tivo orixe o día do lanzamento cando un anaco de escuma illante do Tanque Externo desprendeuse e danou a parte inferior do á esquerda do Orbitador arrincando algunhas lousas de protección térmica. No día da reentrada a ausencia destas lousas ocasionaron o recalentamiento da estrutura interna provocando a desestabilización e consecuentemente desintegración da nave matando aos seus 7 tripulantes.

Recoñecementos editar

O asteroide 51827 recibiu o seu nome.[3]

L. Clark, un cráter interior do cráter lunar Apolo, leva o seu nome.[4]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Claramunt e Claramunt, 2012
  2. "Laurel Clark" (PDF). NASA. 
  3. Altschuler e Ballesteros, 2016
  4. "Planetary Names: Crater, craters: L. Clark on Moon". planetarynames.wr.usgs.gov. Consultado o 2021-10-21. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Claramunt Vallespí, Rosa; Claramunt Vallespí, Teresa (2012). MUJERES EN CIENCIA Y TECNOLOGIA. UNED. ISBN 9788436264210.
  • Daniel Roberto Altschuler e Fernando J. Ballesteros (2016). Las mujeres de la Luna. Historias de amor, dolor y valor. Editorial: Next Door Publishers e Jot Down Books (Colección El café Cajal). ISBN: 978-84-944435-4-1.