Laureano Amboage Quiñoy

pirotécnico e político galego

Laureano Amboage Quiñoy, nado en Santiso cara a 1905, foi un pirotécnico galego

Infotaula de personaLaureano Amboage Quiñoy
Biografía
Nacemento1905 Editar o valor em Wikidata (118/119 anos)
Santiso, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Pirotécnico veciño de Visantoña. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en consello de guerra en Santiago de Compostela pola causa 1195/36 o 17 de abril de 1937 xunto con Ricardo Vázquez Gómez, Jesús Rodríguez Vázquez, José Antúnez Barros e Julián Albor Souto, acusados do delito de rebelión, o fiscal pediu a pena de morte para Laureano e Ricardo Vázquez e reclusión perpetua para os outros.[1][2] Finalmente só Ricardo Vázquez foi condenado a morte e Laureano foi condenado a cadea perpetua. Cumpriu condena da Prisión Provincial da Coruña, da que saíu en liberdade provisional en 1941.[3]

Notas editar

  1. El Eco de Santiago, 17-4-1937, p. 2.
  2. El Pueblo Gallego, 18-4-1937, p. 11.
  3. BOE, 18-7-1941, p. 5371.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar