Laura Martínez Abelenda

 

Infotaula de personaLaura Martínez Abelenda
Biografía
Nacemento1 de decembro de 1998 Editar o valor em Wikidata (25 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónjudoka Editar o valor em Wikidata
Deportejudo Editar o valor em Wikidata

Twitter: LMartinezPodium Instagram: lauritamtnez1 Editar o valor em Wikidata

Laura Martínez Abelenda, nada o 1 de decembro de 1998, é unha deportista española que compite en judo baixo licenza galega.[1] Gañou unha medalla de bronce no Campionato Europeo de Judo de 2023, na categoría de –48 kg.

Palmarés internacional

editar

Laura obtivo medallas de ouro, prata e bronce en diversas competicións da Copa de Europa júnior (na Coruña, Coímbra, Praga ou Málaga) e bronce no Campionato de Europa Sub-23 en 2016.[2] En categoría absoluta para menos de 48kg obtivo o bronce en Montpellier en 2023 xunto coa rusa Sabina Guiliazova,[3] por detrás da portuguesa Catarina Costa e da francesa Shirine Boukli.[4]

O 27 de xullo de 2024 acadou as semifinais nos Xogos Olímpicos de París após derrotar á judoka casaca Abiba Abuzhakynova.[1]

Campionato Europeo
Ano Lugar Medalla Categoría
2023 Montpellier (Francia) Bronce –48 kg
  1. 1,0 1,1 Diario, Nós (2024-07-27). "Xornada de éxitos para o judo galego: Fran Garrigós e Laura Martínez, a semifinais". Nós Diario. Consultado o 2024-07-27. 
  2. "Laura Martínez Abelenda – Federación Española de Artes Marciales y Deportes de Contacto" (en castelán). Consultado o 2024-07-27. 
  3. As judokas rusas competían baixo o epígrafe AIN (atletas individuais neutrais).
  4. "European Championships Individuals 2023 / IJF.org". www.ijf.org. Consultado o 2024-07-27.