Lauburu

(Redirección desde «Lauburu vasco»)

O lauburu ou cruz curvada[1] ten a súa orixe nas teorías vasco-cantabristas dos historiadores éuscaros entre os séculos XVI a XVIII nas que afirmabanque os antigos cántabros, que tan ferozmente combateran o Imperio Romano, eran en realidade os devanceiros dos vascos.[Cómpre referencia]

Lauburu

Historia e características editar

Aínda que o seu arraigo definitivo en Biscaia e Guipúscoa vén da obra de Enrique Flórez La Cantabria disertación sobre el sitio y extensión que tuvo en tiempo de los romanos la región de los cántabros, publicada en 1768 e da que é herdeira o movemento forista do século XIX.

Estas teorías foron completamente rexeitadas polos estudos históricos e pasouse á súa difusión no campo literario, por medio de novelas pseudo-históricas e lendas ficticias. La leyenda de Aitor de José Agustín Chaho ou Amaya. Los vascos del siglo VIII de Navarro Villoslada, son dous exemplos neste campo. A intención destes textos era avalar o movemento forista tratando de lle achegar lexitimidade dende o punto de vista histórico acorde aos seus postulados.

Nome editar

Aparece a súa proposta de lábaro, o lauburu. Apoiándose nas verbas "lau" que significa catro e " buru" co significado de cabeza, buscouse un símbolo no que aparecesen estas características, un dos moitos motivos astrais de orixe preromana indoeuropea e que se conservan no norte de España como motivo ornamental. Son moitos os autores e investigadores da cultura vasca que tratan a orixe ancestral e milenaria deste símbolo, aínda que recoñecen que non se atopan en Euskadi restos ou achados do mesmo até o século XVI.

Forma editar

A súa forma semella vagamente a hélice dun barco moderno e pasou a ser un "símbolo vasco", sendo adoptado polo forismo coma unha forma máis da cultura vasca. Cando Sabino Arana perfila o moderno nacionalismo vasco, na década de 1890, foi un firme defensor deste símbolo, usándoo ademais como exemplo de que os vascos no pasado rendían culto ao Sol.

Notas editar

  1. Andrés Ortiz-Osés. "A deusa basca e o deus-lúa xaponés". Grial 124: 519–525.