Lámpridos

(Redirección desde «Lampridae»)
Lámpridos
Lampridae

Lampris guttatus
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Actinopterygii
Subclase: Neopterygii
Infraclase: Teleostei
Orde: Lampridiformes
Familia: Lampridae
Gill, 1862
Xénero
Véxase o texto
Sinonimia
Véxase o texto

A dos lámpridos (Lampridae) é unha familia de peixes osteíctios da orde dos lampriformes, clase dos actinopterixios, subclase dos neopterixios, e infraclase dos teleósteos.[1][2]

Arriba, Megalampris keyesi, do Oligoceno.

Taxonomía editar

Descrición editar

A familia foi descrita en 1862 polo ictiólogo estadounidense Theodore Nicholas Gill.[1]

Etimoloxía editar

O nome científico Lampridae está formado, de acordo coa norma, sobre a base da raíz do nome do seu xénero tipo Lampris coa adición do sufixo do latín científico -ĭdae, propio das familias de animais.

Sinónimos editar

Xéneros editar

Esta familia é monotípica, xa que conta tan só cun único xénero actual, Lampris Retzius, 1799.[1][2]

Ademais, coñécese tamén un único xénero fósil, † Megalampris, cunha única especie, Megalampris keyesi Gottfried, Fordyce & Rust, que viviu no Oligoceno na actual Nova Zelandia,[3]

Este fósil, do que se descubriron en 2006 ósos da cola, parece que a súa aparencia debería ser moi similar á da especie actualmente vivente, Lampris guttatus, coa que estaba estreitamente relacionada.[3][4]

Características editar

Son grandes peixes arredondados coas aletas caudal e pectorais vermellas. A coloración do corpo é variábel. Un suposto espécime morto, sen escamas, e de cor cinza, foi desbotado. E outro supesto espécime vivo recentemente capturado, de cor que varía da cinza clara á alaranxda avermellada, foi así mesmo desbotado.[5]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Lampridae Gill, 1862 no WoRMS. Consultado o 28 de setembro de 2020.
  2. 2,0 2,1 Lamprididae Arquivado 03 de xuño de 2015 en Wayback Machine. no ITIS. Consultado o 28 de setembro de 2020.
  3. 3,0 3,1 "Megalampris". www.prehistoric-wildlife.com. Consultado o 28 de setembro de 2020. 
  4. Gottfried, Michael D.; Fordyce, R. Ewan & Rust, Seabourne (2006): "Megalampris keyesi, a Giant Moonfish (Teleostei, Lampridiformes) from the Late Oligocene of New Zealand". Journal of Vertebrate Paleontology 26 (3): 544–551. (Resume). Consultado o 28 de setembro de 2020).
  5. "What are the maximum size and live body coloration of opah (Teleostei: Lampridae: Lampris species)?". ResearchGate. Consultado o 28 de setembro de 2020. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar