Lagoa de Iguaque

Lagoa de Colombia

Coordenadas: 5°38′34″N 73°33′53″O / 5.6427777777778, -73.564722222222

A lagoa de Iguaque atópase na xurisdición do concello de Chíquiza, preto de Villa de Leyva no departamento de Boyacá, Colombia. De acordo coa lenda muisca, a deusa Bachué saíu da lagoa cun neno no colo. Eles dous son considerados os devanceiros de toda a raza humana. As zonas contiguas tamén se atopan protexidas como parte do Santuario de fauna e flora Iguaque dende 1977.[1]

Lagoa de Iguaque
Vista da lagoa de Iguaque

Notas editar

  1. Parques nacionales de Colombia. Santuario De Fauna y Flora Iguaque. Arquivado 24 de setembro de 2015 en Wayback Machine. Consultado o 14 de febreiro de 2012.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar