Lago de Certascan

O lago de Certascan (en catalán: estany de Certascan ou Sertascan) é un lago de orixe glacial que se atopa a 2.236 metros sobre o nivel do mar, na cabeceira do concello de Vall de Cardós, na comarca catalá de Pallars Sobirà, e ao leste do pico de Certascan (de 2.853 de altitude).

Lago de Certascan
Estany de Certascan
Lago de Certascan Estany de Certascan
Vista do lago de Certascan dende o encoro.
RexiónCataluña Cataluña
ProvinciaLleida
LocalizaciónTavascan, Lladorre, Pallars Sobirà
Coordenadas42°42′35.07″N 1°18′07.3″L / 42.7097417, -1.302028Coordenadas: 42°42′35.07″N 1°18′07.3″L / 42.7097417, -1.302028
Cota2.236 msnm
TipoOrixe glacial
DesauguesRío de Certascan

Do seu desaugadoiro xorde o río de Certascan, que morre no río de Lladorre. Na actualidade, o lago aprovéitase para a obtención de enerxía hidroeléctrica a través dun encoro que conecta o lago coa central de Tavascan cunha canle de condución de auga. Trátase do meirande lago dos Pireneos cataláns e tamén un dos máis fondos.

Galería de imaxes editar

 
Lago de Certascan en setembro de 2014.
 
Vista dos Pireneos cataláns co lago de Certascan ao fondo en setembro de 2014.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar