Lago Isabella
O Lago Isabella é un corpo de auga situado en California, na confluencia das bifurcacións norte e sur do río Kern ao sur das montañas da Serra Nevada, no terreo coñecido como Kern Valley ou Hot Springs Valley.
Lago Isabella | |
---|---|
![]() | |
Lago Isabella, California, xuño de 2024. | |
País | ![]() |
Rexión | Condado de Kern |
Localización | América do Norte |
Coordenadas | Coordenadas: 35°40′18″N 118°25′38″O / 35.671580555556, -118.42723611111 |
Superficie | 45 km² |
Capacidade | 701,000 dam3 hm³ |
Conca fluvial | Río San Lourenzo |
Cota | 760 m msnm |
Profundidade | 56 m m |
Tipo | Encoro |
Afluentes | río Upper Kern, río South Fork e río Kern |
Cidades | Lake Isabella, California |
Historia
editarOs rexistros dos primeiros en asentarse neste punto xeográfico indican aos indíxenas Tübatulabal e Kawaiisu. En 1953 finalizou a construción do encoro Isabella como encargo ao Corpo de Enxeñeiros do Exército dos Estados Unidos para protexer das inundacións os asentamentos próximos, o que transformou os empregos da área centrados dende entón na economía turística ao redor do novo lago Isabella. Durante a construción do encoro a previa cidade de Isabella, fundada por Steven Barton en 1893 e bautizada na honra á raíña Isabel I de Castela, foi obrigada a moverse uns 2,4 km ao sur do lugar orixinal. A oficina de correos Isabella, que abrira en 1896, funcionaba no novo lugar; o nome da cidade cambiouse a Lake Isabella, facendo homónimo co novo lago en 1957.
Durante o 2023 o lago Isabella foi emblema da crise de seca no país, cando en setembro dese ano chegou a estar a só un 8 % da súa capacidade, revelando consigo o novo pobo pantasma de Whiskey Flat, asentamento creado durante a febre do ouro en 1940.[1]
Galería de imaxes
editar-
Lago Isabel, California, fronte.
-
Lago Isabel, California, entrada peonil
Notas
editar- ↑ "Infografía Lake Isabella" (PDF). Gizmodo (en inglés). 2015-11-07. Consultado o 2024-07-23.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lago Isabella |