Laeosopis roboris

especie de insecto

Laeosopis roboris
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Lepidoptera
Familia: Lycaenidae
Xénero: Laeosopis
Especie: L. roboris
Esper, 1793
Sinonimia
  • Papilio roboris Esper, 1794
  • Papilio evippus Hübner

Laeosopis roboris é un insecto Lepidóptero da familia Lycaenidae, a única especie do xénero Laeosopis.

Histórico e denominación editar

Laeosopis roboris foi descuberta e descrita por Esper en 1793.

Subespecies editar

  • Laeosopis roboris demissa Verity, 1943 ; en Italia.
  • Laeosopis roboris escorialensis Oberthür 1910
  • Laeosopis roboris higginsi Agenjo, 1963 ; en España, cara a Granada.
  • Laeosopis roboris lusitanica Staudinger, [1892] ; en Portugal.
  • Laeosopis roboris magis Agenjo, 1963 ; no noroeste de España.
  • Laeosopis roboris mudarra Agenjo, 1963 ; no nordeste de España.
  • Laeosopis roboris portaensis Betti, 1977 ; no sur do Pireneo.
  • Laeosopis roboris thiersi Betti, 1977 ; no sur de Francia

Descrición editar

É unha bolboreta pequena que na súa parte superior é de cor gris escura con reflexos violetas e bordo de á escurecido, cuxas ás posteriores están festonadas.

O dorso é de cor ocre con liñas submarxinais discretas de cor laranxa, bordo rematado con fimbrias brancas.[1]

Bioloxía editar

Habita na follaxe dos fresnos, pola mañá cedo descende a alimentarse de plantas umbelíferas, v.g. Foeniculum vulgare.[Cómpre referencia]

Período de voo e hibernación editar

Univoltina, voa nunha xeración, desde finais de maio até finais de xullo segundo a localidade e a altitude, de 100 a 1600 metros.

Pasa o inverno en forma de ovos sobre xemas de fresno.

Plantas hóspede editar

As súas plantas hóspedes son fresnos, Fraxinus excelsior, Fraxinus angustifolia.

Ecoloxía e distribución editar

A súa área de distribución limítase ao suroeste de Europa, Portugal, España, Francia.[2][3][4]

Hábitat editar

É un lepidóptero dos bosques, sebes e pequenos bosques de fresnos.

Notas editar

  1. Delachaux; Niestlé; Lewington, Tom; Tolman, Richard. Guía de las mariposas de Europa y de África de Norte. ISBN 978-2-603-01649-7. 
  2. Valderrey, Juan Luis Menéndez. "Laeosopis roboris (Esper, 1793)". Naturaleza y turismo (en castelán). Consultado o 2023-12-04. 
  3. Biodiversidad Virtual
  4. European butterflies

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Guía de las mariposas de Europa y de África de Norte, Delachaux e Niestlé, Tom Tolman, Richard Lewington, ISBN 978-2-603-01649-7

Ligazóns externas editar