Lado da epístola e lado do evanxeo
(Redirección desde «Lado do Evanxeo»)
- Para calquera nave arquitectónica véxase Nave (arquitectura).
O lado do evanxeo é unha zona das igrexas cristiás occidentais. Nese lugar líanse os evanxeos na liturxia. Cara ao altar maior, atópase no lado esquerdo.
O lado oposto é o lado da epístola, onde se lían as epístolas (cartas) canónicas na liturxia. Cara ao altar maior, o lado da epístola atópase no lado dereito.[1]
Por extensión denomínase naves do evanxeo á que se atopa situada nese lado dentro do templo e da mesma maneira nave da epístola a que está no lado da epístola.
Na liturxia tridentina, que se segue usando nalgunhas comunidades cristiás, o lector que sostiña o misal movíase ao lado da epístola á beira do evanxeo despois de ler a súa epístola.
Descricións gráficas
editarCapelas na Catedral de Barcelona