Labañou, Visma, A Coruña
Labañou é un barrio da parroquia de Visma, situado na zona noroeste da Coruña. Limita polo sur con San Roque de Fóra e polo oeste cos Rosales e mais co Monte de San Pedro.
Labañou | |
---|---|
Labañou | |
Parroquia | Visma |
Concello | A Coruña |
Coordenadas | 43°22′30″N 8°25′24″O / 43.374894897472, -8.4232330585176 |
Poboación | 2305[Cómpre referencia] hab. (2010) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Urbanismo
editarA orixe do lugar está nas vivendas de pescadores que existían na zona.[2] En Labañou construíronse na década de 1960 varios grupos de vivendas, deseñados polo arquitecto Juan González Cebrián:[3]
- O Grupo “María Pita-Labañou”, aprobado en 1959, está formado por bloques con formas quebradas para que xerasen entre eles espazos públicos.
- O Grupo “Nosa Señora do Perpetuo Socorro”, de 1962, está formado por 27 vivendas de planta baixa.
- O Grupo “Pardo de Santallana”, tamén de 1962, está formado por 114 vivendas.
Algúns destes grupos de vivendas recibiron popularmente os nomes de “China”, “Xapón” e “Corea”.[4][5]
Patrimonio
editarNa rúa Canteira existe un cruceiro centenario sobre unha plataforma triangular.[6]
Lugares e parroquias
editarLugares de Visma
editarLugares da parroquia de Visma no concello da Coruña | |
---|---|
O Barral | Bens | As Bouzas | Cal de Moreiras | O Camiño do Pinar | O Coidal | Comeanda | A Costa | A Eira Vella | Entrecasas | Figueiras | Gatón | A Gramela | Labañou | Loureiro | Mazaído | Monte de San Pedro | Nostián | Pardiñas | A Pedra da Barca | As Pedreiras | Penamoa | O Peruleiro | O Portiño | Porto de San Pedro | O Río | Os Rosales | San Pedro de Visma | San Roque de Fóra | Seavella |
Parroquias da Coruña
editarNotas
editar- ↑ Estudos previos
- ↑ Análisis urbanístico de barrios vulnerables en España
- ↑ "A Coruña (I)". Cazatesouros. 6-11-2014. Consultado o 25-4-2016.
- ↑ "Miniuniverso Labañou". La Opinión de A Coruña (en castelán). 13-3-2016. Consultado o 25-4-2016.
- ↑ "PXOM da Coruña" (PDF). SIOTUGA. 25 de febreiro de 2013. Consultado o 1-5-2016.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: A Coruña |