La casa de Lúculo

La casa de Lúculo o el arte de comer (nueva fisiología del gusto) é unha obra literaria de Julio Camba, editada en 1929. É a súa peza máis difundida, e tamén a única que non consiste nunha recompilación de artigos. O título desta obra parte do nome de Lúculo, o que fora xeneral de Roma e que se caracterizaba porque "facía render por fame os inimigos e por satisfacción os amigos".

La casa de Lúculo
o el arte de comer
(nueva fisiología del gusto)
Autor/aJulio Camba
OrixeEspaña
LinguaCastelán
Tema(s)Gastronomía
Xénero(s)Ensaio, comedia
Data de pub.1929
editar datos en Wikidata ]

Características editar

Este libro trata da gastronomía. Fala de temas como as boas maneiras, as técnicas culinarias e os alimentos. Iníciase cun prólogo chamado Hors d'œuvre onde o autor defende a súa autoridade para falar do tema. En La Gastronomía y la Ciencia expón as inquedanzas da xente de comezos do século XX, falando do descubrimento das vitaminas e expoñendo unha teoría dos alimentos, que dividía en dúas categorías: os que proporcionaban forza e calor e os que nutren as células e repoñen os desgastes dos tecidos.

Os seguintes capítulos son La cocina española, Otras cocinas, Técnica culinaria, Los vinos, Pescados de mar, Mariscos e Platos populares españoles, onde relaciona a arte culinaria coa historia e as particularidades das diversas cociñas e as propiedades das materias primas. O Camba viaxeiro neste libro fai percorrer ó lector as diferentes cociñas, que son analizadas cun perfecto coñecemento dos países que visitou e non perde tampouco a oportunidade de intercalar comentarios humorísticos e absurdos para algúns dos misterios da cociña. Remata a obra coas seccións Dos ensayos sobre la guía e Normas del perfecto invitado.

A obra ten numerosas citas noutras linguas como o alemán (incluída unha cita de Martiño Lutero), inglés, portugués, italiano, latín ou galego.

En 2004 foi incluído na Biblioteca Gallega de Autores en Castellano de La Voz de Galicia.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar