La Victoire en chantant
filme de 1976 dirixido por Jean-Jacques Annaud
La Victoire en chantant é un filme franco-marfilés de 1976 dirixido por Jean-Jacques Annaud, sinalando o seu debut como director. O filme trata dos colonos franceses en guerra cos alemáns en África Central durante a primeira guerra mundial, e está ambientado na colonia alemá do Camerún. O filme ten un punto de vista marcadamente antimilitarista, e salienta por ridiculizar o bando francés aínda máis duramente que os seus homólogos alemáns. O título orixinal en francés son as catro primeiras palabras da canción militar Le Chant du départ.
La Victoire en chantant | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | La Victoire en chantant |
Director | Jean-Jacques Annaud |
Produtor | Arthur Cohn Jacques Perrin Giorgio Silvagni |
Guión | Jean-Jacques Annaud Georges Conchon |
Música | Pierre Bachelet |
Fotografía | Claude Augostini |
Montaxe | Françoise Bonnot |
Estudio | France 3 Cinéma Reggane Films Smart Film Produktion Société Française de Production (SFP) Société Ivoirienne de Cinema |
Distribuidora | Allied Artists (USA) |
Estrea | 22 de setembro de 1976 |
Duración | 90 minutos |
Orixe | Costa do Marfil Francia |
Xénero | Bélico e comedia negra |
Na rede | |
Gañou o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa en 1976,[1] e foi proposto á Academia por Costa do Marfil, converténdose no primeiro e único Óscar do país.
Personaxes
editar- Jean Carmet como sarxento Bosselet
- Jacques Dufilho como Paul Rechampot
- Catherine Rouvel como Marinette
- Jacques Spiesser como Hubert Fresnoy
- Maurice Barrier como Caprice
- Benjamin Memel Atchory
Notas
editar- ↑ oscars.org (ed.). "The 49th Academy Awards (1977) Nominees and Winners". Consultado o 25 de marzo de 2012.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editar- Filmes de Costa do Marfil propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
- Filmes propostos ó mellor filme internacional na 49ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
editar- La Victoire en chantant na IMDb (en inglés).