La Razón (A Pobra do Caramiñal)

La Razón foi un semanario editado na Pobra do Caramiñal en 1916.

Historia e característicasEditar

Apareceu o 30 de abril de 1916, dirixido por Antonio Ferreiro. Subtitulado Semanario crítico. Órgano del Partido Obrero, tiña como lema "La crítica purifica el ambiente de la verdad mal traída. Todos para uno, uno para todos. Unión es fuerza". Editábase na imprenta de Pedro Abad Abalo, de Vilagarcía de Arousa. Tiña catro páxinas e vendíase ao prezo de 10 céntimos.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Sada: Do Castro. ISBN 84-7492-489-8.