La Opinión Pública

La Opinión Pública foi un periódico editado en Santiago de Compostela entre 1863 e 1865, localizado no número 28 da rúa Nova.

La Opinión Pública
LocalidadeSantiago de Compostela
editar datos en Wikidata ]

Historia e características

editar

Subtitulado Periódico independiente de intereses morales y materiales, apareceu en 1863. Bisemanario progresista (era publicado martes e sábados), fundado e dirixido por Eugenio Montero Ríos, foi voceiro de Antonio Romero Ortiz. Entre os seus colaboradores figurou Ramón del Valle e José Varela-de Limia López. Editábase na imprenta de Manuel Mirás. Cesou a súa publicación en 1865.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar