La Méduse

fragata francesa

A La Méduse foi unha fragata francesa que afundiu o 2 de xullo de 1816 no banco de Arguin, ó longo das costas de Mauritania, con 390 mortos e 15 sobreviventes, dos cales 5 morreron antes do seu traslado a Saint Louis, Senegal.

La Méduse navegando.

A maioría dos 400 pasaxeiros que ían a bordo foron evacuados da nave, e 151 homes foron obrigados a refuxiarse nunha improvisada balsa que sería remolcada polos botes salvavidas. O remolque non deu éxito, e os botes abandonaron a balsa e os seus pasaxeiros en oceáno aberto. Sen ningún xeito de dirixir a balsa á costa, a situación a bordo axiña se tornou desastrosa. Ducias de homes caeron no mar por mor dunha treboada, mentres que outros, bébedos de viño, rebeláronse e foron asasinados polos oficiais. Cando os seus víveres remataron, varios homes feridos foron lanzados ó mar, e algúns dos superviventes recurriron ó canibalismo. Despois de 13 días no mar, a balsa foi descuberta con só 15 homes aínda vivos.[1]

Repercusións editar

 
A Balsa da Medusa de Théodore Géricault, Louvre.

A incompetencia dos oficiais e as narracións do que sucedeu na balsa tiveron un grande impacto na opinión pública; máis aínda cando dous dos seus protagonistas, o médico Savigny e o enxeñeiro e xeógrafo Corréard, ámbolos dous superviventes da balsa, contaron a súa experiencia nun libro. Por mor destes testemuños, houbo un proceso xudicial no ano 1817, en tempos da Restauración, e Chaumareys foi declarado responsábel; fóronlle reprochadas a súa incompetencia e covardía. Porén, a pena de morte ditada contra el foi conmutada por tres anos de cadea.

Alén diso, o escándalo e a indignación que provocou o drama estaban tamén dirixidos contra unha Mariña arcaica en mans dos realistas, que ignoraron os escasos avances do Imperio no eido mariño.

Notas editar

  1. La véritable histoire du "Radeau de la Méduse", ARTE France & Grand Angle Productions. TV documentary, 2015.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Le témoignage de deux survivants : Le naufrage de La Méduse, Alexandre Corréard et Jean-Baptiste Savigny, livre publié fin 1817.
  • La malédiction de la Méduse, per Erik Emptaz, Ed. Grasset, 2005 (prix Encre Marine 2005).