La Iberia (Buenos Aires)
La Iberia foi unha revista editada en Buenos Aires entre 1908 e 1914.
La Iberia | |
---|---|
País | Arxentina |
Lingua | lingua castelá |
Fundación | outubro de 1908 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e características
editarSubtitulada Revista española de interés general, apareceu en outubro de 1908. Proclamábase defensora dos intereses españois na Arxentina e estaba dirixido por Julio de la Cuesta. Tivo como xefe de redacción a Joaquín Pesqueira,[1] e como redactor a Francisco S. Martínez;[2] o seu redactor artístico foi Alfredo de Treviño.[3] Ramón Zarauza foi o administrador.[4] Publicou por entregas a novela Flor de maldad de Joaquín Pesqueira,[5] e a novela La demonia de Francisco Porto Rey.[6] Suspendeu a súa publicación durante dous meses para volver reaparecer en novembro de 1909.[7] En xaneiro de 1911 converteuse en quincenal.[8] En xullo de 1914 anunciou o cambio de nome por outro "xenuinamente galego".[9]